RGPD - Cookies
Eleccións

Os partidos que concorren ás autonómicas non fixeron nin unha proposta de goberno

Se pensabas que alguén falaría de proxectos para aplicar dende a Xunta para superar a situación na que estamos, equivocábaste. Este luns nas intervencións dos partidos na precampaña para as Autonómicas do 21 de Outubro, o voceiro do Partido Popular de Galicia, negouse a contestar se o seu partido pactaría con Sociedade Civil e Democracia (SCD) do ex banquiero condenado por malversación e estafa, Mario Conde.  Antes as preguntas dos xornalistas, Antonio Rodríguez Miranda, repetiu unha e outra “o meu partido, co presidente Alberto Núñez Feijóo á fronte, aspira a revalidar a mayoría absoluta»

Rodríguez engadiu que o PP non vai a pactar o seu  programa cos outros partidos, “só cos cidadáns” e, logo de advertir que os votos que non vaian ao PP beneficiarán a un “conglomerado de partidos” nos que angadiu ao BNG, Anova e Esquerda Unida, asegurou que “a única opción política de Galicia que representa o centro reformista e galeguista e o Partido Popular” e que “outros candidatos, en referencia a Conde, “buscan un trampolín, un xeito de publicidade semigratuita, para logo sumarse a outras campañas a nivel estatal”.

BNG

En Vigo, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta defendeu a súa alternativa política para “frear a marea negra da inxustiza social e as políticas que conducen ao empobrecimento da maioría social, a perversión da democracia e o centralismo”.

Francisco Jorquera aludiu ao inicio do xuizo do ‘Prestige’ e indicou que “cando ocurreron os feitos, ademáis dunha marea negra de chapapote, houbo outra de incompetencia e desprezo por Galiza nos gobernos do PP, na Xunta e no Estado”. Jorquera salientou que, naquela ocasión, houbo unha contestación “dunha inmensa marea social que berrou Nunca Máis, e foi un exemplo”.

 

También te puede interesar