Comarcas

Empeza o xuizo polo asasinato de Laura Alonso

Na Audiencia Provincial de Ourense empezou este luns o xuízo polo asasinato de Laura Alonso, a moza de 19 anos de Toén que apareceu morta en agosto de 2009. O seu pai pediu que “que se faga xustiza e se saiba toda a verdade”. Cesáreo Alonso, quen recoñeceu que tres anos sinte moita rabia e ten ganas de verlle a cara ao acusado, “foi valente non é agora para saír coa cara descuberta»

O avogado da familia, salientou  que a acusación pedirá 20 anos de prisión para o acusado, quen “xa recoñeceu os feitos nas súas dúas últimas declaración, en total liberdade e asistido polos seus letrados». Alfonso Pazos indicou que concorren dúas agravantes, “por un lado, o abuso de superioridade física, xa que Laura Alonso pesaba 45 quilos e estaba dentro dun coche cunha persoa maior, forte e nova, que traballaba coas mans. Unha muller nesas condicións está indefensa«, e, por outro lado influiu «o lugar e as circunstancias xa que os feitos sucederon de noite nun descampado onde non podía pedir axuda, xa que podía berrar o que quixese que en quilómetros non podía oila ninguén», explicou o letrado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.