RGPD - Cookies
Galicia

85 feridos e un morto nos accidentes de tráfico ocorridos en Galicia esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 85 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 14 de setembro, ata as 23:59 horas de este domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 28 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 85 persoas.A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 70 e 30%, respectivamente e as idades dos feridos, obsérvase cun 34% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

As ambulancias medicalizadas acudiron a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 67 accidentes, as ambulancias convencionais acudiron a tres sinistros, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dez sinistros.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, dúas persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria, outros sete feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar