Comarcas

O BNG de As Neves organiza, este domingo, a ‘Festa Nacionalista do Condado’

O BNG de As Neves organiza este domingo, día 16, na Área Recerativa de Santa Mariña, en Tortoreos (12:00 h.) a Festa Nacionalista do Condado que, como salientan os seus responsables locais, “ non só é un encontro de convivencia ente a militancia e simpatizantes, que tamén, senon que cadra en plena precampaña electoral das eleccións galegas, que se van celebrar o día 21 de outubro”.

Na mesma vaise conmemorar o trinta aniversario do BNG nun encontro no que “recoñecerase o compromiso e adicación á formación de compañeiros e compañeiras da Comarca que levan na organización con anterioridade ao ano 1995”.

Entre os actos previstos, está un xantar, servido polo ‘Chiringuito de Santa Mariña’, con embutidos, empanada, tboa de queixos ou churrasco, que empezará ao redor das duas e media da tarde; intervencións de Xosé Manuel Rodríguez Méndez, responsable local do BNG de As Neves e do candidato do Bloque á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera; haberá talleres de reciclaxe e xogos para nenos e música en vivo con ‘Son da Triga’ e ‘Gaiteir@s e pandereteiras de Vide’.

 

También te puede interesar