Vigo al día

O Comité de Empresa de Vitrasa maniféstase diante da empresa para pedir melloras no convenio

Os membros do comité de empresa de Vitrasa permanecen concentrados ás portas da concesionaria do transporte urbán dende as 7 da mañá en protesta polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. Segundo declarou o presidente do mesmo a vigoalminuto, as reivindicacións dos traballadores son “principalmente sociais, non económicas”, entre elas o aumento dos días de descanso semana de un a dous, que tres das catro semanas de vacación anuais sexan en período veraniego, de maio a octubre, “para que poidamos estar coa familia”, que esta poida usar gratuitamente o autobús, “como pasa con outras concesionarias noutras ciudades”, e que se contraten máis conductores.

Para esto último os traballadores plantexan traballar gratis 13 minutos máis ao día,pasando da actual xornada de 7 horas e 35 minutos a 7 horas e 48 minutos, co custe desas horas, que nos non cobraríamos, poderíanse contratar 11 ou 12 conductores, co cal, ademáis de dar emprego, ainda que fose temporal a estas persoas, quedaría resolto o problema do descanso e casi ao mesmo custo para a empresa”, afirma Narciso Herrero.

O presidente do Comité  lembra que os empregados de oficinas e taller da compañía xa disfrutan desos descansos e de días libres de fin de semán, e que os mesmos poden extenderse, tamén, aos conductores que, maioritariamente, pese a súa xornada de 7 horas e media diarias, sobrepasan as 10, habitualmente. “O ano pasado fixemos un total de 523.000 horas de traballo das que preto de 60.000, máis do 10% foron extras”, salienta. Aínda que estas horas están pagadas, os chóferen plantexan manter a xornada real e destiñar o que se paga por esas horas á contratación de máis conductores, algo que “Vitrasa non quere negociar, pese a que levamos 10 meses reuníndonos para intentar pechar o convenio”.

Os traballadores sinalan que este ano, Vitrasa incrementou o billete nun 4,37%, “sen contar o IVE que teñen que pagar os usuarios”, mentras que os soldos aumentaron nun 1%, “e iso cun IPC do 2,7%, polo cal “queda craro que nos non pedimos melloras económicas directas, entendemos na época na que estamos, senon melloras sociais e laboráis”, recalca Herrero.

 

También te puede interesar