Comarcas

4.000 cidadáns de Mondariz-Balneario, sen médico

O BNG de Mondariz Balneario denuncia que a Consellería de Sanidade  mantén pechado, por septimo día consecutivo, o centro de saúde do concello por falta de médicos sustitutos no verán.

A través de comunicado, os nacionalistas esixen unha solución inmediata para paliar este problema, xa que “se lle está negando os cidadáns de Mondariz Balneario un dereito tan principal e básico como é o da cobertura sanitaria”. Lembramos como incluso en anos anteriores chegouse a reforzar o servizo nos meses de verán ata con dous médicos, debido o incremento dos residentes no concello durante a etapa estival.

“Non entendemos como os responsables de sanidade permiten o peche dun centro que da cobertura sanitaria a todo o municipio» ademais das persoas veciñas das parroquias de Pias (Ponteareas) e Vilar (Mondariz), co que o centro atende a unha poboación total de 900 pacientes, que se incrementan ata 4.000 pacientes nos meses do verán.

Segundo o BNG, no ano 2006, como consecuencia da inexistencia de persoal disponible inscrito nas listas de substitución, o peche do centro de saúde de Mondariz Balneario durante dous días seguidos, foi obxecto de reacción por parte do  alcalde que  anunciou que dende o concello se iniciarían as mobilizaciós pertinentes e necesarias en defensa “dos dereitos básicos dos veciños deste concello”.

Incluso o rexidor promoveu  unha recollida de sinaturas que dixo se presentarían na delegación da Consellería.

A situación, co peche do centro de saúde,  repítese e mesmo agrávase,  pois o centro leva máis días pechado e a resposta é que ata o 17 de setembro non hai consulta.

O BNG  denuncia a pasividade do alcalde e reclama a inmediata reactivación do servizo médico en Mondariz Balneario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.