Vigo al minuto

Milleiros de personas manifestanse en Santiago en defensa dos servizos públicos

Milleiros de persoas manifestáronse, convocados pola Plataforma Galega en Defensa dos Sevizos Públicos, este sábado polas rúas de Santiago en defensa dos servizos públicos e en contra da criminalización dos funcionarios. A manifestación partiu dende a Alameda con destino á sede da Xunta baixo o lema ‘En defensa dos servizos públicos. Non aos recortes dos nosos dereitos’.

A mobilización, convocada por os sindicatos que integran a plataforma –CC.OO., CIG, UGT, CSIF, CESM, O’MEGA, Satse, Usase, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC, CGT, USO, USTG, SIAT e ACAIP,  congregou na capital galega a unhas 10.000 persoas, segundo datos das entidades sindicais.

Os manifestantes camiñaron  acompañados por grupos de gaitas e berrando consignas en contra das políticas de recortes en materia pública por parte dos gobernos autonómico e central. Ao longo da mobilización puideron escoitarse lemas como “o público é servizo, o privado beneficio!”, ou “hai que recortar ao Partido Popular!”“.

Carmen López, representante da CIG, logo de lembrar no estado de abandono no que están a Educación e as Sanidade, afirmou que “é escandaloso como a Xunta está a facer ofertas a empresas privadas para a xestión de servizos que ten que facer o goberno galego directamente”. Pola súa banda, Ramiro Otero, de CCOO criticou a política do presidente Feijóo e salientou que a mesma “axuda  a que, cantas máis crises haxa, máis posibilidades ten Rajoy de poñerse aos pés de Merkel”. Por último, José Manuel Vázquez, de UGT, manifestou que “este Gobern o rematou en oito meses co dereito laboral  que contempla a Constitución e que foi aprobado, por acordó de todos os partidos, na Transición”.

 

También te puede interesar