Galicia

A oposición de Ponteareas denuncia roubos en pleno día ante a pasividade da Policía ocal

O BNG de Pontereas ven de denunciar revelou que o pasado xoves 6 de setembro se produciron, a plena luz do día, diversos roubos na vila que afectaron a transeuntes e comercios, “sen que a policía local actuase en ningún intre”. Segundo os nacionalistas, no intre dos roubos, que se produciron na Praza Maior e no entorno do Mercado Municipal, “estaban de servizo seis axentes, un deles o oficial. Na hora na que se produciron os roubos, o devandito oficial, “tal e como afirman numerosas testemuñas presenciais, atopábase enriba dun camión de vías e obras descargando vallas moi perto da zona dos feitos”.

O Bloque engade que “ademais de non ter actuado en ningún intre, o oficial tampouco deu instrucións aos cinco axentes de servizo para actuar e alomenos poñer en marcha algún operativo de localización dos delincuentes”. Os nacionalistas denuncia que o oficial da Policía Local adícase habitualmente a labores de vías e obras, tais como a distribución e colocación de vallas ou o pintado de rúas, o que implica unha “irregularidade e unha falla de profesionalidade consentida polos seus superiores e o concelleiro de Seguridade”. Os nacionalistas esixen o cese do concelleiro e a apertura dun expediente disciplinario ao oficial, así como a convocatoria das prazas de oficiais aprobadas hai anos e que Solla mantén “conxeladas”.

O BNG afirma que estes roubos “son un exemplo máis da impunidade total coa que actúa a delincuencia en Ponteareas como consecuencia da incompetencia do Alcalde e do concelleiro de Seguridade para dirixir eficazmente á Policía Local, convertindo a vila  nun paraiso para a delincuencia, na que prodúcense con frecuencia roubos a plena luz do día, en vivendas e comercios, e incluso nas inmediacións do propio concello”.

 

También te puede interesar