Galicia

Os socialistas piden a Feijóo un debate o día do comezo da campaña electoral

O candidato socialista á Presidencia da Xunta remitiu este luns unha carta cunha “proposta formal” ao seu homólogo no PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para celebrar un debate público “o primeiro día de campaña ás 9 da noite”. Segundo informou o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, en rolda de prensa posterior á primeira reunión do comité de campaña do PSdeG.

Na súa comparecencia, García xustificou a présa da proposta na necesidade de “non deixar marxe a despistes, dúbidas ou escaqueos” por parte do actual presidente do goberno galego.

Segundo indican os socialistas, non se fixan condicións previaspara o debate, “non poremos problemas para que sexa a dous, a tres”, indicou o número dous de Pachi Vázquez, quen salientou que os galegos teñen dereito” a que os candidatos contrapoñan os seus modelos.

 

También te puede interesar