+barato

Novos cursos musicais e de artes escénicas en Súbete ó Castro

Os nosos compañeiros de vigolowcost lembran que a finais de setembro comenzan novos cursos gratuitos de formación musical e de artes escénicas en Súbete ó Castro, o espazo de ocio alternativo que ten a Concellaría de Xuventude de Vigo no monte de O Castro. Se tes entre 13 e 35 anos poderás apuntarte a partir de mañá nos cursos deguitarra, batería, técnica vocal, breakdance e improvisación teatral que se impartirán neste espazo entre o 24 de setembro ata o 22 de decembro (¿chegaremos ata esa data?).

Os cursos

Aquí tedes os cursos ofertados, en todos os casos son sesións de unha hora.

  • Guitarra: os martes ás 17:00, 18:00 ou 19:00
  • Batería: os mércores ás 16.00, 17:00, 18:00 ou 19:00
  • Técnica vogal: os xoves ás 17:00 ou ás 18:00
  • Improvisación teatral: os venres de 19:00 a 20:00
  • Breakdance: os sábados de 17:00 a 18:00

Neste enlace podes consultar o programa completo e horarios dos cursos. Para apuntarte só tes que descargar a ficha de inscrición, cubrila e entregala a partir de mañá sábado 1 de setembro en Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, s/n, ao lado da pista de bicicletas do Castro) dentro do horario de atención ao público, que é de luns a xoves de 16:00 a 20:00 ou de venres a sábado entre as 16:00 e as 22:00.

Para máis información:

Se queres coñecer otruas propostas pincha aquí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.