Vigo al minuto

A Pedra contará con 30 expositores de productos artesanais esta fin de semana

El alcalde durante la presentación de esta feria en el Casco Vello

Un total de 30 expositores de produtos tradicionais de toda Galicia se darán cita esta fin de semana na Praza da Pedra para a celebración da Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía,  dentro do programa municipal ‘Comercio á rúa’.

As persoas que o desexen atoparán  hoxe, sábado, e mañán, domingo, varios stands de artesanía e verduras ecolóxicas.

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Comerciantes e hosteleiros Vigovello, a  Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio e Concello de Vigo, coa colaboración da Asociación de Produtores Ecolóxicos galegos.

En dito mercadiño do Casco Vello haberá postos de alimentos ou produtos artesanais. Contarán con participantes procedentes de toda Galicia. A Feira estará aberta en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Ademais de exposición e venta de produtos durante todo o sábado, haberá actividades vencelladas á gastronomía e artesanía, tales como unha degustación de produtos organizada pola Asociación de Produtos Ecolóxicos Galegos.

También te puede interesar