Comarcas

3 obras compiten polo V Premio de Poesía Victoriano Taibo de Morgadáns

O xurado elixiu xa as 3 obras finalistas -de entre os 51 orixinais aspirantes– a conseguir o V Premio de Poesía Victoriano Taibo da Entidade Local de Morgadáns.

Segundo informou hoxe o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), trátase dos títulos ‘Mensaxe para Siria’, ‘Distancia e Simetrías’ eOso, mama, si?’.

Será a vindeira semana cande darase a coñecer cal dos tres é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

O xurado do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, deliberou o pasado xoves e estivo integrado polos escritores Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Carlos Negro e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario.

A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente no transcurso da vindeira semana cando o xurado emita o seu veredicto final.

También te puede interesar