Vigo al minuto

Esquerda Unida rexeita o rescate do novo hospital de Vigo

Esquerda Unida-Os Verde esixe a resolución do contrato de concesión do novo hospital de Vigo, se non se cumpren os prazos de execución. Ase o pediu este fin de semana a coordinadora nacional da formación e candidata á Xunta, Yolanda Díaz.

A través de comunicado e ante as noticias de falta de financiamento da empresa UTE Nuevo Hospital de Vigo  -que implicaría un atraso na construción da infraestutura-, Díaz califcou de “chapuza” do PP o modelo mixto público-privado que está a desenvolver neste caso.

Segundo a candidata de EU ao Goberno galego, a isto úneselle o despido de 300 traballadores da obra de construción.

Lembra que o concesionario ten que respectar os prazos parciais e totais ofertados, polo que esixe que se faga público o proxecto de execución, ase como o programa de traballo onde se indican os prazos parciais da execución da obra. “Hai que lembrar que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten que ter dito proxecto dado que o prazo para a súa realización era de 9 meses”, argumentou.

EU esixe que, conforme ao establecido nos pregos do contrato polo que se licitou a concesión de obra pública asinado entre a concesionaria e o Sergas que en caso de que se estean incumprindo, os prazos para a realización das distintas fases da execución da obra sexa resolto o contrato, coa perda da garantía definitiva. Tamén pide que se lle esixa ao concesionario os danos e prexuízos orixinados por ditas demoras.

Por todo isto, a executiva nacional de EU rexeita o rescate do novo hospital de Vigo porque a Xunta de Galicia debería indemnizar á concesionaria segundo indica a lei de contratos do sector público polos danos e prexuízos causados, nos que se teñen en conta os beneficios futuros que o concesionario deixará de percibir.

Asemesmo, EU asegurou que tivo acceso a documentación oficial que confirma a redución de tamaño do hospital en 11.000 metros cadrados. Nesa documentación sinalase que, ademais desa redución no tamaño global do hospital, non se construirán na infraestrutura 5.400 metros cadrados de laboratorios dos 8.359 previstos, 700 metros cadrados do área de farmacia, dos 1.400 previstos no proxecto orixinal.

En definitiva, afirmou EU, un hospital máis pequeno do previsto que non vai a satisfacer as necesidades do área sanitaria de Vigo.

Entre as unidades que practicamente desaparecerán está a de coidados mínimos, dentro do area de hospitalización, o cal confirma unha diminución de camas de hospitalización respecto ao proxecto orixinal, ase como a carencia de de servizo de esterilización, ao non executarse os 1500 metros cadrados de esterilización.

También te puede interesar