Galicia

Duascentas personas protestan en O Barco contra a xestión que fai a Xunta da loita contra o lume

Ao redor de duascentas persoas participaron este mércores nunha concentración no Barco de Valdeorras  na que amosaron a súa repulsa contra o lume que destruíu preto de 1.500 hectáreas de monte e para rexeitar a xestión dos incendios que está afacer a Xunta.

Baixo o lema ‘Por un medio rural vivo’, os participantes na protesta, convocados pola ‘Alianza por un Medio Rural Galego Vivo’, que está integrada pola CIG, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, a Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e a Federación Rural Galega, reuníronse ante a Casa Grande de Viloria, no Barco, que foi o centro operativo no que se coordinaron os traballos de loita contra o lume que arrasou parte dos montes de Valdeorras.

Entrs os participantes estaba a voceira de Agricultura do Grupo Parlamentario do BNG, Tereixa Paz, quen criticou a política de loita contra os incendios do gobernó Feijóo ao que acusou de incapaz para facer fronte aos lume, ao tempo que denunciou os recortes en materia de prevención de riscos forestais e o desmantelamento dos dispositivos profesionalizados e especializados que facían esta laboura ate o pasado verán. Paz adiantou que presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para que se poñan xa en marcha acudas aos veciños da zona que perderon as súas casas e propiedades.

 

También te puede interesar