Galicia

O #incendovaldeorras, segue baixo control

O primeiro grande incendio forestal deste verán en Galicia, o do Barco de Valdeorras, que , afectou a 1.500 hectáreas de terreo, está controlado. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume, que se iniciou na parroquia de Santigoso, permanece controlado dende as 15.15 horas do domingo, e os traballo céntranse nestes momentos en arrefriar a zona para evitar que as lapas rexermolen.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional sitúase en torno ás 1.500 hectáreas, unhas avaliacións que serán actualizadas cando se realicen novas medicións para facer un balance con exactitude.

Nos traballos de control deste incendio participaron en total sete técnicos, 39 axentes forestais, 138 brigadas, un Grumir, 60 motobombas, seis pas, 13 helicópteros, 16 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.