Vigo al minuto

O Maratón Fotográfico de Vigo quenta motores

Un ano máis, as Festas de Verán apostan polo Maratón Fotográfico, unha atractiva cita coa fotografía e que a edición anterior contou con unha gran afluencia. A cidade acolle durante un día enteiro a apaixonados desta disciplina artística na busca dun escenario perfecto que fotografar.

A calidade e o nivel do concurso son elevados, e acorde a estas envexables características repártense uns premios en metálico, con 1.000€ para o gañador.

As persoas que desexen participar terán 45 minutos a partir do sábado ás 20:00 horas para formalizar a súa inscrición na Praza do Pobo Galego, unha inscrición que xa poden ter reservada previamente vía correo electrónico.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición o día do maratón na Praza do Pobo Galego entre as 20:00 e 20:45 horas. Tamén se poderá facer unha preinscrición vía correo electrónico na dirección [email protected], esta inscrición deberase formalizar co pagamento da cota -de 10€- no horario anteriormente mencionado o día do maratón.

Os interesados poderán participar en categoría analóxica ou dixital. Só se poderá participar nunha delas. Os premios para os gañadores serán os seguintes:

Primeiro premio: 1.000€
Segundo premio: 500€
Terceiro premio: 300€

As 21 horas do sábado 11 de agosto darase a saída ao Maratón e informarase aos participantes dos temas deste concurso. Para máis información deste certamen pincha aquí.

También te puede interesar