Galicia

Atopan o corpo sen vida dunha anciá con signos de violencia, en Ourense

O cadáver dunha muller de 77 anos de idade idade foi atopado este mediodía no seu domicilio, nunha zona céntrica de Ourense. Segundo fontes policiais, o corpo presenta signos de violencia e, á hora de redactar esta información, están no lugar axentes da Policía Xudicial e da Científica.

O corpo foi atopado por un familiar da vítima, pasadas as 12 do mediodía e foi esta persona a que alertou á Policía do feito.  Polo momento, ainda que están abertas todas as posibilidades de investigación, mesmo a de que poidese tratarse dun roubo, a mesma céntrse no entorno familiar máis próximo á vítima, ainda que, polo dagora, non se practicaron detencións en relación con este crime.

 

También te puede interesar