Comarcas

‘Vilamor’ proxectarase ao aire libre en 7 concellos

O equipo de Vilamor durante o Festival de Cannes

Os concellos pontevedreses de Vilanova de Arousa, A Lama, Ponte Caldelas, Forcarei, Ribadumia, Tui, e Baiona proxectarán nas vindeiras datas o filme ‘Vilamor’ do director de cina Ignacio Vilar que tan bos éxitos cultivou e que tamén estará presente no Festival Internacional de Cince de Nueva York e hai poco estivo tamén no de Cannes.

A iniciativa Redecinema, promovida pola Deputación de Pontevedra, foi presentada hoxe das mans da deputada, Ana Isabel Vázquez, o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director de ‘Vilamor’ e a actriz Maica Braña. Co programa se  posibilitará a proxección ó aire libre do filme ‘Vilamor’ en distintos municipios da provincia de Pontevedra perante o mes de agosto.

As proxeccións de Vilamor dentro de Redecinema serán de balde, estarán destinadas a todos os públicos e terán lugar, preferentemente e sempre que as condicións metereolóxicas o permitan, ao aire libre baixo o formato de cinema de verán.

O calendario de proxeccións aínda está aberto a novas solicitudes por parte dos concellos.

‘Vilamor’ é un filme rodado en Galicia e en galego, que se estreou en Ourense con motivo das Letras Galegas 2012. En só tres meses, xa se fixo con diferentes recoñecementos dentro e de fóra das nosas fronteiras.

Trátase  dunha historia de amor. Un romance a finais dos anos 70, época do tardo franquismo, entre unha rapaza que hoxe cualificaríamos como “alternativa” e un seminarista. Ela Sonia (Sabela Arán), quere cambiar o mundo e el, Breixo (Rubén Riós), quere conservar o seu que se derruba.

O filme está baseado en feitos reais, descubertos polo director e coguionista durante a realización dun documental. É unha historia real, nosa, que sucedeu aquí en Galicia, cunha historia que é quen de emocionar e de chegar ó público de todas as idades.

O entorno escollido para a ambientación é espectacular, nos Ancares a 1.600 metros de altitude.  Vai máis aló dun proxecto cinematográfico, constitúe un proxecto cultural de difusión da nosa xeografía, paisaxe e lingua.

As datas e horas son as seguintes:

Vilanova de Arousa: 8 de agosto na Praza Pastoriza

A Lama: 21 de agosto na parroquia de Seixido

Ponte Caldelas: 22 de agosto na Alameda

Forcarei: 23 de agosto, aínda por determinar

Ribadumia: por determinar o día e a hora

Tui: por determinar o día e a hora

Baiona: por determinar o día e a hora

También te puede interesar