Galicia

Os deputados galegos recortanse o soldo, pasarán de 4.842 € ao mes a 4.438

A presidenta do Parlamento de Galicia trasladará nunha próxima reunión da Mesa da Cámara unha nova proposta de recorte salarial para os deputados, que “podería equivaler ao importe dunha paga extra, aínda que xa non aboaba tal paga aos seus integrantes”.

Como informa Pilar Rojo nun comunicado, o seu presuposto desagregado para 2012 se sitúa en 17,4 millóns de euros tras os últimos recortes aplicados, nunha cifra similar á do ano 2006, que era de 17,3 millóns e 2 millóns menor a que tiña a Cámara ao inicio da lexislatura, en 2009.

Rojo subliña que os salarios dos membros do Parlamento de Galicia, foron conxelados no ano 2009, mentres que, en 2010, reducíronse un 10% por cento para os deputados, nun 12% e nun 15% menos para a presidenta da Cámara, e así seguiron en 2011 e 2012.

Pero cánto cobra un deputado galego? O salario base é de 2.029 € ao mes, aos que se engade unha cantidade fixa para gastos de vivenda e comida de 2.657 €, ademáis de 156€  máis por gastos de locomoción, o que supón 4.842 € mensuais.

Pola súa banda, Pilar Rojo, percibe 108.000 € brutos ao ano, e os restantes membros da mesa 95.000, o que no primeiro caso supón uns 9.000 € ao mes e nos restantes, 7.916 €, ou o que é o mesmo, no primeiro caso máis de 6 veces e media o salario medio dun galego e, nos segundos 5 veces o que cobra un cidadán normal.

 

También te puede interesar