Galicia

O BNG pide a Fomento que rebaixe as peaxes da AP-9, “coma aprobou o Parlamento de Galicia”

A portavoz de infraestruturas do BNG no Parlamento de Galicia presentou diversas iniciativas parlamentarias ao fin de esixir do Ministerio de Fomento a rectificación total da medida adoptada e rebaixar a portaxe da AP-9 como foi acordado polo Parlamento Galego. Asemade, Carme Da Silva tamén reclama realizar as xestión necesarias para garantir o adecuado mantemento e condicións de uso desta infraestrutura.

Da Silva explica que a AP-9 é o principal eixo de comunicación por estrada de Galicia e tanto a sociedade galega como o propio Parlamento xa ten manifestado a súa oposición ás elevadas e inxustas portaxes.Neste sentido, engade que lonxe de rebaixalas, “o Goberno do Estado ven de decidir o seu incremento”.

Para a nacionalista, esta medida supón un “ataque inadmisíbel na situación económica galega cunha poboación que, na súa maioría, “permanece afogada polos recortes do goberno do Estado e a Xunta”.

A deputada considera que a intención do Partido Popular, unha vez máis, é que os galegos e galegas “paguemos as infraestruturas doutras partes do Estado”. A partir do 1 de setembro, engade, “a esta suba haberá que sumar o incremento en tres puntos do IVE” polo que resulta imprescindíbel que o Goberno galego esixa ao Ministerio de Fomento unha rectificación parella á rebaixa da portaxe da AP-9.

Neste sentido, a parlamentaria nacionalista preguntará na Cámara galega polas xestión realizadas polo Goberno galego ante o Ministerio e a concesionaria da AP-9 para tal fin.

 

También te puede interesar