RGPD - Cookies
Galicia

80 feridos nas estradas galegas na fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 80 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 27, ás 12 da noite de este domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 24 accidentes.

Os servizos de Emerxencia recibiron nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43%, respectivamente, e nas idades dos feridos, obsérvase cun 34% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 4 persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria e outros 7 feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar