RGPD - Cookies
Galicia

Os pensionistas galegos, os peor pagados de todo o Estado, outro mes máis

A pensión media en Galicia situouse en xullo en 696,89 € e segue sendo a máis baixa do Estado, segundo os datos que fai públicos este martes o Instituto Nacional da Seguridade Social. El total, 732.322 cobran xa algún tipo de pensión, o que representa un incremento do 0,6% con respecto a xullo de 2011 e supón un 8,2% do total, que chegou a 8.918.804.

Por incapacidade permanente, houbo 70.049 pensións, o valor medio das cales ascende a 776,83 €; por xubilación, 450.818 por un importe de 781,01 € e por viuvez, 184.863, por 506,93 €. A elas hai que engadir 20.846 pensións por orfandade, o importe da cal situouse en 362,26 € e 5.746 por favor de familiares por 448,31 €.

Sete comunidades, ademáis de Ceuta, superaron en xullo a pensión media estatal, establecida en 830,51 € ao mes. País Vasco, Asturias e Madrid rexistraron as pensións medias máis elevadas, con 1.025,95 €, 985,43 € e 982,78 € mensuais, respectivamente.

Na autra banda, coas pensións máis baixas, están Murcia, con 731,13 € mensuais,  Extremadura, con 704,90, e Galicia, con 696,89 € ao mes.

 

También te puede interesar