RGPD - Cookies
Galicia

Aberto o prazo para solicitar axudas destiñadas a sacar o carné de conducir

A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha este sábado o primeiro cursos de seguridade viaria vinculado á Orde de axudas do departamento autonómico para a obtención do carné de conducir. Esta primeira edición do curso comezou simultaneamente na Coruña, Ourense e Lugo e conta cunha metodoloxía multimedia onde se abordan, entre outros aspectos, materias e conceptos como os factores do tráfico; a velocidade adecuada; a incidencia do alcol e das drogas na condución; a seguridade activa e pasiva dos automóbiles ou os primeiros auxilios nas estradas.

Ademais, os alumnos destes cursos tamén asistirán a unha sesión de concienciación e sensibilización a través dunha charla coloquio cun membro da Asociación de lesionados medulares en Accidentes de Tráfico.

O curso gratuíto de seguridade viaria conta con cinco horas lectivas e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Federación Galega de Autoescolas e a supervisión da Dirección Xeral de Tráfico.

O director xeral de Xuventude, recordou que está aberto o prazo ata o 1 de setembro para solicitar as axudas para a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos. A través desta convocatoria, distribuiranse un total de 200.000 € entre os solicitantes destas subvencións que reúnan os requisitos establecidos.

A axuda consiste nunha subvención de 200 € para contribuír a afrontar o gasto que supón a obtención do permiso de conducir, dirixida a mozas e mozos menores de 30 anos, en situación de desemprego cunha antigüidade mínima de seis meses, e cuxas rendas non sexan superiores a 2,5 veces o IPREM establecido para 2012.

A finalidade das axudas é favorecer a empregabilidade destes mozos e mozas, contribuíndo á mellora do seu currículo na medida en que se lles facilita a consecución dun recurso básico para acceder a un gran número de postos de traballo.

 

También te puede interesar