RGPD - Cookies
Galicia

A CIG pídelle á Xunta que libere os avais que permitirán a venda de Alfageme

A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de desestimar o recurso presentado pola familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme, para frear a execución dos avais de 35 millóns de euros que o Igape lle concedera á compañía. Por elo, a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de reclámarlle á Consellería de Industria que cumpra o seu compromiso e libere os avais para que a firma poida ser vendida ao Grupo Consorcio, o que permitiría o mantemento da actividade e dos postos de traballo nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia.

Segundo o sindicato nacionalista, “a decisión xudicial ratifica o que viñamos demandando, polo que agora a Xunta ten que cumprir o seu compromiso político é proceder á execución dos avais”, elo subliña, posibilitará a cancelación das débedas coas entidades acredoras e permitir a venda da compañía conserveira.

Os representantes dos traballadores, adiantaron que o sindicato lle solicitarán unha xuntanza ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, “porque o proceso non se pode dilatar máis, xa que a administración concursal podería poxar a empresa e non manter os postos de traballo”, ao tempo que amosaron o seu temor a que o gobernó galego non cumpra o prometido e, “nese caso non descartamos retomar as mobilzacións”.

 

También te puede interesar