RGPD - Cookies
Galicia

O Congreso decide hoxe cando comparecen Julio Fernández Gayoso, Mauro Varela, Rato, Castellano, Salgado ou Ordóñez

A subcomisión de seguimento do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) do Congreso reunirase este luns, a partir das 5 do serán, para decidir cando cita a comparecer a Rodrigo Rato, a ex vicepresidenta de Zapatero, Elena Salgado e os outros 22 responsables políticos e financeiros para dar explicacións sobre a crise que desembocou na nacionalización de Bankia. Entre os chamados a comparecer, atopan os ex copresidentes de Novacaixagalicia Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso, e o actual presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano.

Tamén están nesta lista o expresidente de Caja Castilla-La Mancha (CCM) Juan Pedro Hernández Moltó, o expresidente do Consello de Administración de Caja Sur Santiago Gómez Sierra, o expresidente da CAM Modesto Crespo, o expresidente de Unimm Jaume Ribera, e os expresidentes de Banco de Valencia José Luis Olivas e Aurelio Izquierdo.

Na reunión, que se celebrará a porta pechada, fixaranse as datas das comparecencias solicitadas polo PP quese farán na Comisión de Economía con acceso público a partir da última semana de xullo para seguir, logo das vacacións de verán, en setembro.

Ademáis dos devanditos responsables, tamén pasarán polo Congreso o exgobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, o exministro de Economía Pedro Solbes, o actual titular do ministerio, Luis de Guindos, o secretario de Estado, Fernando Jiménez Latorre, e ao seu predecesor, José Manuel Campa; ao actual gobernador do Banco de España, Luis María Linde, o subgobernador anterior, Javier Ariztegui, o presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Julio Segura, e o actual presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri.

 

También te puede interesar