RGPD - Cookies

O BNG pide formalmente no Congreso que haxa un referéndum sobre os recortes

Segundo o escrito, presentado polo voceiro nacionalista, “o Goberno non ten lexitimidade para aplicar recortes e subidas de impostos xa que non figuran no programa electoral do Partido Popular”. A xuizo do Bloque, estas medidas “son de extrema gravedade, contraproducentes para superar a crise e socialmente inxustas”, ao tempo que advirte que causarán máis desemprego.

Segundo Francisco Jorquera, “rescátase á banca a costa de sacrificar o benestar e os dereitos do povo” con medidas “moi semellantes ás que aplicaron Irlanda, Portugal e Grecia, por imposición da UE e que, ademáis de fracasar, empeoraron as condicións de vida da poboación”.

Por iso, os nacionalistas creen que debe ser a cidadanía a que ten que pronunciarse sobre os recortes e insta ao presidente do Goberno a “convocar un referéndum para que iso sexa posible”.

 

También te puede interesar