Comarcas

Anxo Rial amosa o mundo nunha impresionante exposición fotográfica en As Neves

Anxo Rial é o que a todos os xornalistas nos gustaría ser, unha testemuña do que pasa polo mundo. Ese é o territorio polo que transita. Este fotoxornalista vigués que o mesmo fai unha foto de cruces en Wasilkow (Polonia), que unha colonia de pingüinos en Sudáfrica, un rapaz sorrindo á beira do Lago Titicaca, no Perú ou un afiador no Anapurna, expón parte destes momentos, captados pola súa cámara, no auditorio do Concello de As Neves.

A exposición, coorganizada pola Deputación, con fondos procedentes do Museo de Pontevedra, amosa un xeito de ver a realidade que a presenta, como é de verdade, e como é para Anxo logo de tamizarla nas experiencias vividas no deserto de Nefta, en Túnez, no Val do Kali Gandaki, no Nepal, n as Montoñas Dolomitas, en Italiaou no Glaciar Ángel, en Canada.

Iso da unha perspectiva distinta, do momento, do carácter, da xente e da importancia da imaxe, base principal do xornalismo e do entendemento doutros xeitos de vivir e de pensar, como poderán apreciar quenes se acheguen, dende este venres e ate o día 29 deste mes a As Neves.

 

También te puede interesar