Vigo al minuto

Adeus ao ocio electrónico, benvidas as aventuras

Dende hai unhas semanas, no Campus Multideporte de MQA-Barreiro, os máis cativos da casa participaron na primeira quenda do II Campus Multideporte, onde se divertiron desde a primeira hora da mañá a través da actividade física e o deporte, esquecéndose por uns días do ocio electrónico.

O extenso abano de deportes e xogos tradicionais do campus de MQA axudan na educación e socialización dos nenos e nenas.

As actividades do campus mutideporte abarcan, desde deportes tan coñecidos como o fútbol e o baloncesto, ata os que están máis en auxe como o pádel e o bádminton.

Os cativos ademais de refrescar o coñecemento de xogos tradicionais coma os trompos, as canicas, o brilé e a mariquitiña, tamén se iniciaron en ciclo-indoor, aerobic e baile, actividades que practican, nos ximnasios, as súas nais e os seus pais. Incluso tiveron tempo de facer varias saídas polo entorno da cidade, como unha ruta de sendeirismo polo paseo do Lagares ata a praia de Samil.

Aínda quedan 3 quendas do Campus Multideporte, a segunda celebrarse no que queda de mes xullo, a terceira nos primeiros dez días de agosto e a cuarta na primeira semana de setembro.

También te puede interesar