Vigo al minuto

O BNG podería non apoiar a Caballero na declaración de inconstitucionalidade da Área Metropolitana

Non semella que o BNG vaia a apoiar a proposta do alcalde de presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei do Área Metropolitana. Nunha rolda de prensa, este mércores, representantes do Bloque nos concellos que formarán parte da Área Metropolitana pediron que se modifique a lei para que incorpore as propostas de todos eles.  O voceiro nacionalista en Vigo asegurou que, mentres non se faga isto a lei estará condenada ao fracaso.

En base á devandita opinión, Santiago Domínguez anunciou a presentación dunha moción no Pleno deste venres (14:15 h.) na que pide a modificación da lei de Área Metropolitana ao tempo que se redacte un plan de traballo que recolla, “consensuadamente”, unha definición de servizos mínimos que debe prestar a nova administración, unha deficición dos servizos de competencias que traspasará a Deputación de Pontevedra, a participación da Xunta no novo organismo e o xeito de financiamento do mesmo.

O nacionalista, tenente de alcalde con Abel Caballero no pasado mandato, acusou ao alcalde de contradecirse, “primeiro quixo presidir a Área e logo abandonuna negándose a nomear concelleiros metropolitanos por parte do PSOE. A xuizo de Domínguez,  “esto amosa o fracaso de Caballero, que non foi capaz de abandeirar o proceso de desenvolvemento da Área nin de concitar consensos co resto dos alcaldes”.

Pola súa banda, a voceira do BNG en Cangas lembrou que o seu partido votou en contra da lei no Parlamento de Galicia, “porque non recollía os servizos e competencias que os concellos necesitan nin se contou con eles para elaborala”, mentras que o alcalde de Salceda de Caselas acusou ao Partido Popular de non crer neste novo organismo e de aprobar a súa creación para que Feijóo non incumplise outra promesa electoral máis. Marcos Bicada salientou que vaise crear unha Área Metropolitana que non vai a servir para nada aos cidadáns, “e moito menos se non se lle da contenido adelgazando á Deputación”.

Eso sí, os representantes do BNG deixaron craro que apostan por este organismo, porque permitirá que os servizos que se prestan aos cidadáns sexan “ máis eficaces, rendibles e melloren a calidade de vida dos veciños”.

 

También te puede interesar