Galicia

O Bloque pide a Rajoy que dimita e que decidan os cidadáns

O voceiro parlamentario do BNG, acusou ao presidente do Goberno, este mércores no pleno do Congreso no que Mariano Rajoy adiantou as novas medidas económicas que vai a aprobar o executivo, “ensañarse cos débiles mentres son extremadamente débiles co forte”. Francisco Jorquera, afirmou que este tixeretazo antisocial” converte a España en “Grecia 2” e criticou que serescate á banca a custa de sacrificar o benestar e os dereitos do pobo. O deputado nacionalista salientou que o Estado perdeu soberanía e preguntoulle ao presidente “quén decidirá se se restitúe o diñeiro os afectados polas preferentes?”.

Para Jorquera, por moito que o negue o Goberno “o famoso rescate é unha intervención de facto do Estado español. “A proba son os novos recortes: medidas socialmente inxustas que van acentuar o empobrecemento das clases populares e a caída da economía”, e espetoulle a Rajoy “a súa política é unha máquina de destrución masiva de emprego”. Por iso, asegurou dirixíndose ao xefe do executivo, “o mellor que pode facer é dimitir que sexan os cidadáns os que decidan”

Na mesma liña, a voceira do BNG no Parlamento de Galicia, calificou as medidas anunciadas polo presidente do Goberno de “saqueo ao pobo“, indicando que “son xemelgas das que aprobaron outros países intervidos: provocan desigualdades e non levan á recuperación económica”.

 

También te puede interesar