Galicia

Denuncian o despedimento de traballadores e a eliminación do convenio co Secretariado Xitano

Segundo informa a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, o pasado 5 de xullo catro traballadores da Fundación Secretariado Xitano de Vigo (FSX) foron despedidos, logo de que o Concello confirmase que non renonvará o convenio que tiña coa devandita fundación. Dende hai máis de quince anos o concello viña destinando anualmente cartos co obxectivo de mellorar a integración e promoción dos xitanos da cidade. Primeiro foi cun convenio con Cáritas que tras os anos foi asumido pola FSX, ao igual que o grupo de traballadores que viñan desenvolvendo o programa de xitanos. Nos últimos anos as contías deste convenio foron de 109.000 €, en 2011, e 54.500 €, este 2012… e ahí remata esta colaboración.

Segundo subliña a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, dito convenio, aínda que semellante na contía, foi cambiando nas actividades ás que estaba dirixido nestes anos, pasando de ser un convenio aberto, que incluía accións comunitarias, grupais e familiares, a estar restrinxido a facer educación familiar con 50 familias con problemas graves como: o coidado dos nenos, organización familiar, educativos.

“Esta razón, entre outras, é a que pon a Concellería de Benestar en riba da mesa no intre de decidir non pagar dous programas de educación familiar, eliminando o de xitanos”, iso fai que algunhas das familias xitanas pasarán ao programa de intervención familiar adxudicado a CLECE, pero “a maioría quedan fóra a decisión do Concello e da coordinación da FSX que dan por bo que moitas destas familias queden desatendidas”.

“Nun momento de recortes sociais, de perda de dereitos sociais, de paro, o Concello e a FSX acordan rematar cun convenio histórico no departamento de Servizos Sociais, deixando aínda máis desprotexidos aos xitanos que quedan sen un programa que traballaba pola mellora das condicións de vida daquelas familias máis empobrecidas, marxinadas”.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia denuncia que o trato da Fundación do Secretariado Xitano “ao programa e aos traballadores a cargo do mesmo deixou moito que desexar. “Os despedimentos foron a escena final dunha obra na que houbo un procedimento aberto de acoso a unha das educadoras, excesivo celo na supervisión do seu traballo, violencia verbal e desatención das súas funcións”, aos que hay que engadir, continúa a devandita oficina, “impagos e atrasos no pago do salario, despedimentos, e peches de programas”.

 

También te puede interesar