Galicia

Greenpeace elixe ‘As Corcerizas’ para o seu campus de verán

Na décimo quinta edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace elixiu o centro de Educación Ambiental de Amigos da Terra en Ourense para desenvolver as súas actividades para mozos e mozas en acción.

Durante o campamento os participantes aprenderán como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación, como os obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo. Ademais coñecerán a realidade local da comarca e entre todos e todas descubrirán ferramentas de acción e participación. As actividades serán desenvoltas por voluntarios e voluntarias de Greenpeace e profesionais de Educación Ambiental de Actio.

Coherentemente co espírito dos campamentos, ningún ámbito mellor que As Corcerizas, no que Amigos da Terra leva unha década sendo pioneiro nos ámbitos da bioconstrución, as enerxías limpas, a alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos, e a biodepuración das súas augas residuais. Para Amigos da Terra, converter a utopía en realidade, e que a devandita realidade poida ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facelas.

Os campamentos, diferenciados por grupos de idades están dirixidos a mozos de entre 12 e 17 anos, se organizan en quendas de dez días durante todo o mes de xullo.

 

También te puede interesar