Galicia

A rede CeMIT pon en marcha un aula virtual na súa web para realizar cursos on line

A Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) vén de poñer en marcha unha aula virtual na súa web, que permitirá aos usuarios formarse en novas tecnoloxías desde calquera punto con acceso a internet.  O novo “Espazo Multimedia de Aprendizaxe” ten xa dispoñibles nove cursos  de teleformación sobre diferentes categorías temáticas de capacitación dixital.

Os novos cursos en liña estarán abertos todo o ano, polo que non é necesaria a matriculación ou reserva de praza antes da realización do curso. Desta forma bastará con entrar no “Espazo Multimedia de Aprendizaxe” a partir dos enlaces destacados ou do apartado de teleformación da web CeMIT (http://cemit.xunta.es/teleformacion), identificarse como usuario  da rede CeMIT e, unha vez dentro, premer no curso desexado para acceder aos seus contidos e poder comezar a formación.

Na web CeMIT xúntanse pequenos tutoriais nos que se explica, de forma breve, como se realiza o proceso de inscrición como usuario na rede CeMIT e a utilización do “Espazo Multimedia de Aprendizaxe”.

Temática

Os 9 cursos dispoñibles online formarán aos usuarios e usuarias na utilización de recursos, ferramentas e programas informáticos e abordan diferentes temáticas relacionados coas novas tecnoloxías. O catálogo de cursos en liña dispoñible é o seguinte : Cómo manexar os nosos datos persoais. Lei orgánica de protección de datos; prevención de Riscos Laborais no Uso das TIC; GIMP. Unha ferramenta en software libre para o deseño dixital;         Audacity: edición de son en software libre; Openshot: unha ferramenta en software libre para a edición de vídeo; Klavaro. Unha ferramenta para mellorar a mecanografía; AbanQ: Xestión empresarial;  elaboración de carteis e folletos: Scribus, Inkscape;  xogos de adestramento mental: Gbrainy, Pezas e mini-aplicacións.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre  as  actividades da Rede poden dirixirse á aula máis próxima, ou ben á páxina Web www.cemit.xunta.es

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.