Vigo al minuto

Festa da Cultura, esta fin de semán na Porta do Sol

Durante dous días, este sábado e mañán, domingo, na Porta do Sol, celébrase a mostra dos Centros Culturais de Vigo, a coñecida ‘Festa da Cultura’, que hoxe foi inaugurada polo alcalde. A través de diferentes exposicións, os asistentes poderán as actividades que realizan as asociacións culturais da cidade, que abranguen dende baile e música, pasando por artesanía, traballo co coiro, de madeira ou textis.

Este sábado, haberá actividades organizadas e nas que participan as asociacións culturais ‘Quixumes’, ‘Os trasnos da gaita’, ‘Lembranzas galegas’, o Grupo de Danza Helios, de Bembrive, ‘ A Buxaina’, ‘Froles Novas’, ‘Andarela’ ou ‘Os ventos de Comesaña’.  A festa seguirá ate as 2 da mañán no celebfrado ‘Serán Popular’, que comezará pasadas as 11 da noite.

O domingo, dende ás 11 da mañá ás 10 e media da noite, estará adicado á música, coas actuacións do Grupo de Gaitas de Cabral, o de Baile Moderno de Matamá ou a Banda de Música do Ateneo de Bembrive. Ás 4 do serán, actuará Alberto Cunha e o peche correra a cargo de ‘Son de seu’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.