Vigo al minuto

Empeza en Vigo o Campionato Mundial de Pesca Submariña

Os representantes dos 18 países que participarán dende este venres no Campionato Mundial de Pesca Submariña, que se celebra en Vigo ate o vindeiro día 8. Arxelia, Brasil, Chile, Croacia, Eslovenia, Finlandia, Gran Bretaña, Grecia, Italia, Noruega, Perú, Portugal, Rusia, San Marino, Tahití, Ucrania e Estados Unidos, ademais da propia selección española, contenderán nunha competición na que o equipo croata será a selección a bater.

O Campionato do Mundo chega á cidade olívica tras a súa edición de 2010 celebrada en Croacia. Daquela, España rematou a competición no terceiro lugar da clasificación por países, por detrás de Croacia e Italia, ademais de situar a tres participantes españois entre os dez primeiros postos da clasificación individual. O ano pasado, España proclamouse campioa de Europa por equipos.

 

También te puede interesar