Comarcas

106 mosenses abandonan as listas do paro

Tras a inauguración do Parque Empresarial Mos-Veigadaña e a recente apertura do novo supermercado Gadis de Mos, na parroquia de Sanguiñeda, o paro rexistrado en xuño no Concello mosense, descendeu en 106 desempregados con respecto ó anterior mes de maio, polo que a cifra actual de persoas do municipio en situación de paro se sitúa en 1.748.

Dos 106 veciños que atoparon traballo durante o mes de xuño, 28 son homes e 78 son mulleres. Por idades, 9 dos 106 contratados en xuño son menores de 25 anos e os 97 restantes  son maiores de 25 anos. Dos contratados maiores de 25 anos 31 son homes e 66 son mulleres.

Por ocupacións, dos 106 novos contratos, 41 pertencen ó sector servizos, 30 ó sector industria, 19 ó sector construcción, 3 a agricultura e pesca, e 13 destas persoas conseguiron o seu primeiro emprego. Entre o sector construcción, agricultura e pesca e primeiro emprego sumaron un total de 35 contratados.

 

También te puede interesar