RGPD - Cookies

Morre Kristina Berg, viúva de Carlos Casares

Kristina Berg na sede da Fundación Casares (foto: wikipedia)

A escritora Kristina Berg, viúva de Carlos Casares e presidenta da fundación que leva o mesmo nome, finou hoxe en Vigo aos 64 anos de idade.

Ligada ao mundo do mar, da arte, escribiu dous libros destinados ao público infantil, Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987).

Nacida en Suecia, coñeceu ao gran  Carlos Casares nunha viaxe a Galicia  co que casou pouco despois.

A Xunta lamenta o falecemento da intelectual e xa trasladou as súas condolencias aós seus familiares.

Para o Goberno galego, Berg foi sempre unha muller de cultura e unha creadora que chegou a Galicia para construír unha gran obra cultural, literaria e humana ao lado do seu marido, Carlos Casares.

 

 

 

También te puede interesar