Cultura Vigo al día

A Feira do Libro de Vigo, a máis activa da década

Trala súa primeira fin de semana, a XXXVIII edición da Feira do Libro de Vigo segue co seu programa de actividades para interesados e curiosos na Praza de Compostela.Es ta cita alongarase ata o 8 de xullo; o seu horario polas mañás é de 11:00 a 14:00 horas;  e os seráns, de  18:00 a 22:00 horas.Os exemplares á venda contan cun desconto do 10% e cada xornada, pouco antes do peche, realízase o sorteo dun lote de libros; razóns adicionais para achegarse a este evento.

Este luns, día 2 de xullo, ‘Máis que Brincos’ aposta pola Maquillaxe artística, unha oportunidade para que os cativos se convertan nas súas personaxes preferidas. Será ás 18:15 horas. Ás 19:00 horas chega a presentación de ‘Carné de identidade’, de Mahmud Darwik, traducido por Moncho Iglesias Míguez e Samar Sabat e publicado por Editorial Barbantesa.

Isaac Otero asinará exemplares do seu libro de poesía ‘El niño del agu’a, publicado pola Deputación Provincial de Pontevedra e que tamén será presentado, dende as 19:30. A partires das 20:00 horas presentarase ‘En vías de extinción’, de María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais de Galicia.  Participan, xunto coa autora, Michael Skinner e Manuel Bragado. O último acto no serán serán outra presentación, a do libro ‘A derrota de Galicia’, de Antón Baamonde, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Dende as 21:00, a carón do autor estará o editor Manuel Bragado.

Mañá, martes 3, a actividade infantil das 18:15 horas estará a cargo de Rony Macarroni. Diversión, contacontos e xogos interactivos. Matopeias ounonmatopeias?. Historia dun cabaleiro andante (sen cabalo) máis poeta que guerreiro, que loita con onomatopeias

Dende as 19:30, o escritor e xornalista Alfonso Armada asinará exemplares do seu libro ‘Mar Atlántico. Diario dunha travesía’, con fotografías de Corina Arranz, publicado por Editorial Alento.  A partires das 20:00, chegará a presentación do libro ‘Morgana en Esmelle’, de Begoña Caamaño, publicado por Editorial Galaxia. Participan a autora do libro, Carlos Lema e Manuel Forcadela.

Por último, ás 21:00 haberá un concerto de presentación  do libro-disco ‘Rapoemas, de Aid’, publicado por Editorial Galaxia. Presenta o acto Francisco Castro.

O mércores día 4,o escritor Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela ‘As fiandeiras’, Premio García Barros 2011 e publicado por Editorial Galaxia ás 11:00 horas. Piñeiro estará presente na feira durante toda a xornada.

A acción das 18:15 horas será Darrente á parede. Música tradicional, festa e animación para nenos e nenas de 1 a 100 anos. Ás 19:30 horas chegará a sinatura de exemplares a cargo de Agustín Fernández Paz. A partires das 20:00 horas presentarase ‘Dragal III. A Fraternidade do Dragón’ da escritora e xornalista Elena Gallego Abad, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Tomarán parte a autora, Marcos Calveiro e máis Manuel Bragado.

A presentación do libro ‘Atl’, de Manuel Lourenzo, gañador do Premio Blanco Amor de narrativa 2011, publicado por Edicións Xerais de Galicia, será ás 21:00 horas. A carón do escritor estará Manuel Bragado.

 

También te puede interesar