+barato

Concerto-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro hoxe en Vigo

Os nosos compañeiros de vigolowcost informan que para celebrar o centenario do nacemento deste autor, a Consellería de Cultura e Educación organiza na nosa cidade, un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar hoxe mesmo, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e que será de entrada aberta e gratuíta. O evento congregará diversas propostas artísticas dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide e Luis Emilio Batallán compartirán escenario coas intervencións de Inma López Silva, Rexina Vega ou Xesús Alonso Montero. No concerto, que será presentado por Yolanda Castaño, tamén participarán alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como a Coral de Beade.

  • Onde? Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia (aquí)
  • Cando? Hoxe martes 26 ás 20.00
  • Entrada libre e de balde

Para coñocer outras propostas o saber quenes están detrás de vigolowcost pincha aquí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.