Deportes

Tui pon guapos os seus campos de fútbol

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui iniciaron xa as tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de herba artificial. Ase, a empresa adxudicataria do contrato de mantemento realizou os traballos no terreo de xogo de herba artificial das instalacións municipais “Álvarez Durán” de Tui.

Os traballadores fixeron a limpeza do campo, pasaron o peite pola herba artificial, cepillándoa, descompactaron o caucho actual e encheron a superficie con novo caucho .

No día seguinte este persoal traballou no campo municipal de Ribadelouro, coa intención de deixar as instalacións municipais en perfectas condicións para o inicio da tempada no mes de agosto.

Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, estas intervencións testemuñan o traballo diario que realiza o Concello de Tui para que as numerosas instalacións municipais dedicadas ao  deportes se atopen nas mellores condicións posibles para que deportistas e afeccionados poidan disfrulatas axeitadamente.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.