Vigo al minuto

Respaldo unánime do pleno para esixir a apertura do Centro Galego de Fotografía

pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe por unanimidade a moción do BNG que insta ao goberno local a abrir o Centro Galego de Fotografía e realizar as xestións oportunas co Ministerio de Cultura, a Xunta de Galiza e a Deputación de Pontevedra para conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento.

Os nacionalistas criticaron que dende que hai sete meses está rematado o edificio o goberno local non fixo nada para poñelo en marcha. “Creo que non son conscientes do que teñen entre as mans”, manifestou o portavoz do BNG, Santi Domínguez, poñendo en valor a potencialidade do Centro Galego de Fotografía como referente cultural no eido fotográfico, ao contar con coleccións como a do Arquivo Pacheco, Ksado, e as Fotobienais, entre outras.

O ex teniente de alcalde lembrou ademais o traballo desenvolvido polo BNG na lexislatura pasada a través cando os nacionalistas gobernaron cos socialistas, ao potenciar o Museo Quiñones de León como Museo da Cidade, a Pinacoteca, ou as musealizacións de Toralla e O Castro.

Domínguez asegurou que o problema da apertura desta infrestrutura cultural non é a falta de cartos ou os problemas urbanísticostal e como argumentou a  actual tenente de alcalde, Carmela Silva, na súa intervención.

“O problema non é que non hai cartos, senón que chegaron vostedes ao goberno como un elefante nunha cacharrería”, destacou, asegurando que o equipo de goberno no saben que facer co Centro Galego de Fotografía igual que non saben facer co Museo Liste ou co CAT.

También te puede interesar