Vigo al día

A Vilamor, premiada en Indonesia, so lle queda chegar á Antártida

Vilamor segue sumando recoñecemento internacional. Logo da selección do filme de Ignacio Vilar a competición no Festival Internacional de cine de Nova York (New York City International Film Festival, NYCIFF) e á nominación da canción principal da película, ‘O sol da liberdade’, de Zeltia Montes, nos premios internacionais Jerry Goldsmith como mellor canción para cinema, a cinta ven de ser distinguida co ‘Premio á Excelencia’ no Festival de de cine Internacional para a Paz, a Inspiración e a Igualdade , na categoría de longametraxe internacional. A cerimonia de entrega de premios terá lugar na capital de Indonesia o vindeiro 12 de agosto.

Ademáis delo,  a película segue en cartel na capital de Galicia. A magnífica acollida de Vilamor en Santiago fai que o filme continúe en dous pases diarios ata este mércores 27 de xuño.

 

También te puede interesar