Vigo al minuto

O 061 atendeu 10 accidentes de tráfico, 60 intoxicacións e 6 queimaduras na noite de San Xoán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na noite de San Xoán 60 intoxicacións, 10 accidentes de tráfico e 6 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 19.00 horas deste sábado  ata as 7.00 horas do domingo. O 061 asisitu a maiores 34 persoas por alteracións da consciencia, caídas e mareos e lesións producidas no entorno das cacharelas

Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 60 intoxicacións etílicas, 10 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e seis incidentes por queimaduras.

A Coruña e Pontevedra con 24 intoxicacións etílicas ou por drogas cada unha foron as provincias que rexistraron o maior número de atencións, seguidas de Lugo con 10 e Ourense con dous. As idades rexistradas nestes casos alcanza o pico de atención entre os 15 e os 34 anos, que supoñen o 56% das persoas atendidas por esta patoloxía. Para asistir ás 60 intoxicacións, o 061 de Galicia desplazou a ambulancia medicalizada para asistir en dous casos, mobilizou en 39 ocasións as ambulancias asistenciais, en oito ocasións mobilizáronse ambulancias convencionais, e nunha ocasión o médico de atención primaria. Das 60 persoas atendidas 25 non requiriron traslado, 11 foron trasladados ao centro de saúde e 24 ao hospital.

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron 6. Urxencias Sanitarias asistiu na Coruña cinco casos e un en Vigo. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 10 e 30 anos, sendo todos eles varóns. Do total dos pacientes, todos requiriron ser trasladados, catro deles a un centro hospitalario e dous ao centro de saúde.

No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse 11 persoas en 10 accidentes de tráfico. Pontevedra rexistrou catro accidentes, seguida de A Coruña e Ourense con tres cada unha delas. As idades das persoas atendidas polo 061 abranguen dende os 20 anos ata os 69 anos. Para asistir as 11 persoas implicadas o 061 mobilizou en unha ocasión a ambulancia medicalizada, 10 ambulancias asistenciais, e en unha ocasión acudiu o médico de atención primaria. Do total de persoas atendidas, 10 foron trasladas a un hospital e unha asistiuse no lugar sen requirir traslado a un centro sanitario.

O 061 de Galicia é un dos primeiros intervintes nestes casos e tendo en conta a compoñente de perigosidade da pasada noite considerou imprescindible aconsellar á poboación galega sobre a prevención e cómo actuar en caso de atoparse nunha situación de urxencia sanitaria. Destacouse a trascendencia de elixir o lugar da fogueira, o tratamento das queimaduras e a importancia de, no caso de sinistro de circulación, non mobilizar os feridos e chamar ao 061 xa que estes sinistros provocan, en ocasións, o falecemento ou a invalidez de moitas persoas.

 

También te puede interesar