Galicia

Este domingo, tempo de verán

Calor, ainda que non moito. É verdade, Galicia está baixo a influencia dun anticiclón, pero seguirán zoando os ventos de componente oeste e os ceos estarán poucos anubrados ou despexados. Nas primeiras horas da mañá, haberá brumas nas zonas costeiras, en especial na atlántica, que desaparecerán ao longo do día.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, as temperaturas mínimas subirán lixeiramente e poderanse alcanzar valores superiores aos 30 graos nalgúns concellos de Ourense, mentres que os termómetros baixarán ata os 8 graos en Lalín.

 

También te puede interesar