RGPD - Cookies

Os servizos de estinción de incendios terán 363 persoas menos este verán

5.689 persoas  integrarán o operativo da Xunta contra os incendios forestais da campaña de alto risco de este verán, 363 menos que en 2011, segundo o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia, difundido este venres pola Consellería de Medio Rural e do Mar. No mesmo, pódese comprobar que tamén se prescinde de dous helicópteros, pasando o número de 26 a 24, de brigadas helitrasnportadas, que este ano son 4 menos, e o persoal destinado a medios aéreos que queda en 172 traballadores, sen que se especifique a qué empresa pertencen.

Unha vez conocidos os datos a Confederación Intersindical Galega (CIG), indicou que xa avisara que esto pasaría e que viña denunciando unha privarización encuberta, adxudicando, segundo a central sindical, a unha empresa, Natutecnia, o contrato de persoal para as debanditas brigadas asignadas a médios aéreos, “sen facer un concurso previo”.

Asi mesmo, o plan da Xunta, crea novos horarios, que permitirán aos traballadores adicados a prevención e extinción ter dous días libras á semán, polo cal, coma asgura a consellería, cubrirán “66 días de traballo efectivo fronte aos 57 que viñan tendo segundo o antigo sistema de libranzas do total de 92 días de campaña de verán”.

 

También te puede interesar