Galicia

Feijóo, «temos que estar orgullosos de ter o dobre de bandeiras azuis que antes do ‘Prestige'»

O presidente da Xunta afirmou este venres que os galegos podemos sentirnos orgullosos de que, dez anos despois do Prestige e a uns meses de celebrarse o xuízo, teñamos sido capaces de que Galicia conte hoxe con máis do dobre de bandeiras azuis que tiña antes do accidente.

Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2012, Feijóo recoñeceu o esforzo colectivo que ten feito posible que nunha de cada seis praias galegas ondee a bandeira azul, porque “é o sinal de confianza que quere mandar Galicia ao resto do mundo desde o punto de vista do turismo”. Ser unha comunidade solvente xera confianza» e a confianza, resaltou, «é un estímulo fundamental para superar as incertezas que pesan sobre España”.

O xefe do Goberno galego destacou que Galicia segue un ano máis á cabeza das comunidades autónomas coas súas 126 praias con bandeira azul, 9 máis que no ano 2011. Mentres en portos, con 17 bandeiras, 4 máis que o ano pasado, Galicia ocupa o terceiro posto español.

Así mesmo, afirmou que todas estas bandeiras son un ingrediente de enorme importancia non só para xeneralizar a responsabilidade ambiental da sociedade, senón tamén para poder continuar mantendo o sector do turismo en parámetros estables, pese a crise económica, “tal e como demostra o feito de que o número de viaxeiros que chegan a Galicia non diminuíu no que levamos de ano, fronte a unha baixada do 1,4% no total de España”.

Feijóo concluíu felicitando aos 36 concellos distinguidos con estas bandeiras azuis e animando aos representantes municipais e aos cidadáns a seguir apostando por manter estes distintivos de calidade, “a seguir nesta liña de atención e coidado das nosas praias, dos nosos portos e, en xeral, do noso litoral”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.