Vigo al minuto

Recibe o bo tempo nas Cíes

A Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza varias viaxes para pasar o día nas Illas Cíes, aproveitando o comezo do verán e bo tempo para “gozar en maior medida dun dos tesouros da Ría de Vigo”. A Vogalía de Igualdade realiza dúas viaxes so para mulleres, como leva facendo dende hai moitos anos e que realizáranse os vindeiros días 25 e 26 de xuño. Unha actividade de convivencia entre mulleres da cidade que terán un día de descanso e lecer. Organízanse en diferentes viaxes e varios horarios para facer o traxecto .

Tamén hai ocasión de visitar as illas en compaña da familia e amigos en viaxes abertas a todos e todas as persoas da cidade, as viaxes serán os domingos: o 24 de xuño e tamén os días 1 e 8 de xullo para que o maior número de xente teña oportunidade de acudir.

As persoas que aínda queiran anotarse para estas viaxes poden facelo nas súa respectivas asociacións veciñais ou directamente na Federación Veciñal na Praza da Princesa 7, 2º andar.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.