Deportes Vigo al minuto

O taekwondo galego conquista Portugal

12 ouros, 9 pratas e 8 bronces. Ese é o balance do paso da selección galega de taekwondo polo III Open Internacional Cidade de Lourosa que se celebrou en Portugal. Os deportistas Lía de Araújo, Lucía Penin, Alejandro Rey, Sandra Bouzas, Adrián Núñez, Noelia Irago, María Bautista, Alejandro González, Beatriz Queiro, Shin Hang e o trío masculino formado por Óscar Rey, Teo López e Antonio Rebouras e o feminino de Noelia Irago, Lucía Capelo e Isabel Simón voltaron a casa con ouro no peto.

As pratas foron para Andrea Vilas, María Domínguez, Alejandro Losada, Begoña Veiga, Chiu Yueh Kuei, Esperanza Fernández, Antonio Rebouras e a parella formada por Antía García e Alejandro Losada e o trío de Alejandro Losada, Alberto Neira e Roi Pereira. O bronce recalou no trío formado por Ramón Sanmiguel, Pablo Fernández e David Costa xunto cos méritos individuais de Raquel Costa, Anxo Costa, Paula Gómez, Marcos Silva, Isabel Simón, Roi Pereira e José Cid.

Primeiro torneo internacional dos máis cativos

Na expedición que se desprazou ata Portugal hai que destacar a presenza de 7 nenos e nenas da categoría benxamín (entre 7 e 10 anos), que enfrontaban o seu primeiro torneo internacional, polo que estaba moi emocionados e nerviosos durante a viaxe. Ademais tamén estiveron en Lourosa sete taekwondistas infantís e outros sete da categoría cadete. A a pesar da curta idade o certo é que o taekwondo galego xa está a lograr bos resultados dende o berce. Así, por exemplo, Lucía Penín que logrou o ouro hoxe neste torneo, foi bronce no campionato de España benxamín. Son deportistas cun importante futuro por diante se seguen adestrando para continuar medrando na súa formación.

También te puede interesar