Galicia

Xunta e sindicatos negocian este martes o horario de verán dos funcionarios

A Dirección Xeral de Función Pública e representantes dos sindicatos UGT, CC.OO., CIG e CSI-CSIF reúnense este martes para tratar de pactar o horario de verán dos funcionarios, tras o intento falido da semana pasada. Os sindicatos esixirán que o horario de verán coincida co período lectivo, ao tratarse dunha medida de conciliación da vida familiar e laboral.

A Xunta propón que o horario de 8.30 a 14.30 horas se circunscriba este ano aos meses de xullo e agosto, ante o que as organizacións sindicais queren que sexa dende  mediados de xuño a mediados de setembro «non supón un aumento de gasto porque non se substitúe a ninguén«, aseguran ao tempo que afirman que «trátase de facer unha xornada intensiva».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.