Vigo al minuto

Protestas nas estacións da ITV para a readmisión dun compañeiro despedido

Imaxe da protesta de hoxe na ITV de Peinador

Traballador@s das ITVs e delegad@s da CIG realizan estes días concentracións diante das estacións da provincia de Pontevedra para esixir a readmisión dun compañeiro despedido. O sindicato nacionalista ten convocadas tamén dúas xornadas de folga parciais a finais de mes para denunciar este novo caso de represión sindical xa que o afectado era delegado do comité de empresa.

As concentracións teñen lugar ás portas das ITV pontevedresas no cambio de quenda, e terán continuidades mañá, mércores,  nas estacións de Peinador (Vigo), Curro, Pontebora, Lalín, Vilagarcía e O Porriño. No caso de Vigo, arredor dun cento de persoas trasladáronlle a súa solidariedade a Antonio Rosales.

Os feitos remóntanse a novembro de 2011 coa constitución da mesa negociadora, da que pasou a formar parte. A súa sorpresa chegou cando unha vez celebrado o referendo no que se aprobou o preacordo de convenio deixa de facer uso das horas sindicais e regresa ao seu posto, cando foi despedido.

 

 

También te puede interesar